ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Polígono Empresarial de Vilar do Colo que comparten os concellos de Fene e Cabanas dispón, por fin, dun ente que que ocupe da súa conservación e mantemento. O polígono creado no ano 2000 comeza así unha nova etapa. A concelleira de Promoción Económica de Fene, Ángeles Coira, destaca a importancia de Vilar do Colo para a actividade empresarial e a vida económica do concello e agradece o paso dado polas seis persoas que se fixeron cargo da directiva que encabeza Ramón Baamonde.

“O proxecto de Estatutos foi aprobado polos dous concellos no 2003, o ente tiña personalidade xurídica pero non estaba funcionando e agora, por fin, despois de moitas xestións bota andar” sinalou a concelleira de Promoción Económica de Fene. “Determinar as necesidades máis urxentes, maior axilidade á hora de facer solicitudes, presionar ao SEPES para que remate a segunda fase”. Son algunhas das iniciativas que pode liderar o ente reitor do polígono empresarial con moi boas comunicacións e unha ubicación estratéxica. De feito, ten medrado moito desde a súa creación. “Agora estamos falando xa de 160 parcelas, hai un crecemento notable que beneficia tanto a Cabanas como a Fene”, destacou Ángeles Coira.
Publica o teu comentario agora