ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"A civilización humana converteuse no maior virus nunca antes sufrido polo noso planeta”. Sobre este idea central xira Humanose, o novo traballo de Dios Ke Te Crew. Cinco anos despois do seu álbum debut, Xénese, o colectivo de hip hop de Ordes saca á rúa un disco conceptual cheo de autocrítica, aínda que cos toques de retranca marca da casa.
A produción, gravación e mestura corre a cargo de Mou, MC e beatmaker da banda. As músicas de Humanose, explican desde Dios Ke Te Crew, están repletas de matices e reminiscencias doutros estilos como o rock, o funk, o jazz ou a electrónica. Os arranxos de Mou fúndense, durante 13 temas, coas voces dos outros tres MC´s: Jamas, García e Sokram, xunto cos scratches de Dj Murdock. O disco preséntase cunha edición especial, en formato DIGIPACK de tres corpos, cuxo traballo de arte corre a cargo de Liqen e Sekone, figuras da escena internacional da arte urbana. No seu primeiro álbum, Dios Ke Te Crew apostaran pola autoedición, pero desta volta asinaron coa editora e distribuidra BOA Music.