A dirección do CEIP e o Concello de Arzúa solicitan a Educación melloras nas infraestruturas do centro escolar

A dirección do CEIP e o Concello de Arzúa solicitan a Educación melloras nas infraestruturas do centro escolar

20 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O alcalde de Arzúa, Xaquín García, e o Director do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Arzúa, Jesús Lojo, desprazáronse na mañá de onte ata a cidade da Coruña para manter unha reunión coa Xefa Territorial de Educación da Xunta de Galicia, María Teresa Villaverde. O encontro serviu para facela coñecedo

Do acordo acadado naquel encontro o Concello comprometeuse a executar unha serie de actuacións, que a día de hoxe xa están finalizadas, e que se materializaron na creación dun parque infantil para os cativos do Centro Escolar, no peche perimetral do recinto do CEIP, na creación dunha rampa de acceso que facilitase a mobilidade das persoas con algún tipo de discapacidade e mesmo a mellora para o acceso de vehículos contra incendios; tamén se procedeu ao cercado da pista polideportiva.

Dos compromisos adquiridos pola Consellería, a data de hoxe só se procedeu a adaptar o comedor ao novo Regulamento de Instalacións Eléctricas quedando pendentes de executar por parte da Xunta de Galicia actuacións moi importantes de cara a garantir a seguridade da comunidade escolar. De feito, é necesario e urxente o derrube do edificio contiguo ao centro escolar que se atopa cercado na actualidade por non ofrecer unhas condicións de seguridade que permitan desenvolver nel actividades con absoluta normalidade. A Consellería tíñase comprometido non só a derrubar este edificio senón tamén a construír neste espazo un novo ximnasio. Ante a imposibilidade de contar con outro recinto, a día de hoxe aínda se seguen desenvolvendo unha serie de actividades neste espazo, de feito o edificio aínda alberga unha sala de usos múltiples, un ximnasio habilitado e fai as veces de almacén da biblioteca; serve ademais como oficina das ANPAS.

A Xefa Territorial de Educación manifestou o seu compromiso a facer realidade as obras pendentes ao entender que se trata dunha necesidade que cómpre atender coa maior urxencia, tendo en conta sobre todo que se trata dun centro escolar ao que cada día acoden centos de rapaces. Da necesidade de derrubar o edificio da boa conta o feito de que, tal e como explicou o Alcalde, o propio Concello estaba utilizando unha aula neste edificio e viuse na obriga de desprazarse a outra propiedade do Concello ao entender que no primeiro dos locais a seguridade non estaba garantida. A Xefa Territorial de Educación comprometeuse a executar as obras de derrube no vindeiro ano 2010 e con posterioridade proceder á construción dun novo ximnasio.

O Director do CEIP, Jesús Lojo, e o Alcalde de Arzúa, Xaquín García, amosaron a súa confianza en que a Xunta entenda a necesidade de facer realidade estas actuacións para maior seguridade e tranquilidade de toda a comunidade escolar.

Sociedade