ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Un veterano grupo de Fene, Los Huéspedes Felices, logrou que o seu último disco Espacios temporales fora designado disco do ano pola revista Ruta 66. Falamos do álbum con Luís Iñíguez, membro da banda e condutor do aínda máis lonxevo programa de Radio Fene 18 Rodas.

“A min o disco gústame”, di Luís, que é un dos pais da criatura pero sabe moito de música. Los Huéspedes Felices son Ramón Saleta, Martín López, Óscar Antón, Daniel Blanco, Luís Iñíguez e Alvaro Calvo. Rock, pop, psicodelia, folk nun disco que foi madurado. “Temos a vantaxe de que temos todo o tempo do mundo, a facilidade de dedicarlle moito tempo ás cancións, cando as cousas se fan con repouso sempre saen mellor”, explica Luís. “Vender discos é unha cousa bastante difícil porque hai demasiada oferta, levantas unha pedra e saen cinco grupos e de distintos xéneros”. Coma sempre pasa, iso ten vantaxes e inconvenientes.“Hoxe socializouse moito, todo o mundo ten acceso ás tecnoloxías, podes gravar na túa casa, hai moita oferta e pouca demanda”.
Publica o teu comentario agora