Disposto á reelección

Disposto á reelección
23 de Decembro, 2022 - 02:17 h. | Publicada por Radio Fene

Juventino Trigo, está disposto a presentarse á reelección nas eleccións para o Concello de Fene de 2023. Anunciouno o alcalde en Radio Fene, deixando claro, iso si, que as listas teñen que ser aprobadas, cando corresponda, pola asemblea e os órganos do BNG. 

ESCOITA O PODCAST:

“Finalmente as listas se van aprobar no seu momento pola asemblea e polos órganos do partido”, remarcou antes de explicar que “na última asemblea se me comentou de continuar, os compañeiros e compañeiras apoiaron esa decisión e eu me brindei a continuar un mandato máis, si”. “Manteño o meu compromiso de participar na vida pública”, dixo respecto das comicios do mes de maio. 2023 será ano electoral e os partidos xa traballan con ese obxectivo. “Teño clarísimo que a carreira para os comicios botou andar, a nivel estatal  e de Galicia estamos vendo todos os circos e os movementos que hai. En Fene estamos moito máis calmados, pero imaxino que todas as organizacións, a miña, o Bloque Nacionalista Galego, loxicamente tamén está traballando, pero a un nivel moito máis tranquilo do que se ve por aí adiante”. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora