Disputado a pesar da adversidade

As xogadoras do Perlío feminino mereceron o empate, dadas as circunstancias coas que se presentaron en Cariño
18 de Decembro, 2018 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Cariño 3- Perlío 1. O Perlío da Liga feminina de Futbol 8 mereceu o empate na súa visita a Cariño, porque disputou o partido e creou ocasións para merecelo.

ESCOITA O PODCAST:

Todo se puxo en contra para que o Perlío feminino saíse derrotado de Cariño. As fenesas xa sabían que era un oso duro de roer pero non que acudirían mermadas por lesións, estudos, etc. De feito no entrenamento anterior ao choque so acudiron nove xogadoras. A maiores, o adestrador Juanjo Lorenzo tiña febre. Poderíase sumar algo máis? pois si, a lesión de Ana no primeiro tempo, e a choiva e o vento. Se ben é verdade que os últimos elementos afectaron aos dous equipos por igual.

En fín que, a pesar de todas as adversidades, o Perlío puido ter empatado. Iso sería máis xusto vendo como pelexaron as xogadoras, na opinión do técnico Juanjo Lorenzo. O último encontro do ano xogaranno o próximo sabado 22 ás 18:00 horas nos Pinares. O Perlío feminino recibe a outras rivais directas, o Amistade de Meirás, terceiras na clasificación. Un bo dia para resarcirse, antes de sair de vacacións ata despois de Reis.

Deportes

Publica o teu comentario agora