Distintas sensibilidades no Dia Mundial do Docente

Distintas sensibilidades no Dia Mundial do Docente

05 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dende que en 1994 a UNESCO instaurou  o 5 de outubro como Dia Mundial do Docente, máis de 100 países celebran a data para revalidar, ano tras ano, ese compromiso. A Consellería de Educación da Xunta de Galicia reclama a defensa da dignidade da figura do mestre. A CIG-Ensino denuncia a reducción do profesorado e que quedan 71 prazas sen cubrir nos centros de ensino galegos; mentras CCOO e UGT  reclaman, neste dia, unha actualización e formaci&oacute

A Xunta de Galicia emitiu unha declaración no Día Mundial do Docente, reafirmandose no compromiso a prol da defensa da dignidade profesional e humana dos mestres. Dende a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, apostan por un sistema educativo cada vez mellor, máis xusto e solidario. Un sistema no que o rendemento escolar supere dun xeito definitivo as eivas do pasado, reducindo a niveis mínimos e anecdóticos o fracaso e mailo abandono escolares.

Neste Dia Mundial do Profesorado, A CIG-ENSINO denuncia as políticas que están a aplicar os gobernos galego e español de reducir os investimentos nos servizos públicos e en concreto no ensino reducindo profesorado, eliminando a gratuidade dos libros de texto, reducindo orzamentos dos centros, etc. A CIG-Ensino denunciaba esta mañán que a Consellería de Educación mantén 71 prazas sen cubrir dende a semana pasada, algunhas delas dende o inicio do curso. En Galiza, a CIG-ENSINO, como organización maioritaria entre o profesorado, chama aos mestres e mestra neste Día Mundial do Profesorado 2010 a seguir traballando polo ensino público e en galego e polos dereitos laborais deste colectivo.

CCOO e UGT insisten en que unha recuperación económica real e sólida pasa por cambiar o actual modelo produtivo por outro baseado no coñecemento e a investigación e innovación tecnolóxicas. Para iso, é preciso potenciar o sistema educativo e a formación da mocidade mediante unha oferta de Formación Profesional de calidade e incentivar esa formación nos centros de traballo.
 

Sociedade