ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Algo distinto en Perlío”. Así se presenta o café-bar cervexaría Franxu, situado na estrada da Palma, número 7, no local que antes ocupara El Caserío Vasco. En Radio Fene falamos con Francisco Sueiro que rexenta este novo establecemento de hostalería.
“Ano novo, local novo, abrímolo o día 3 de xaneiro”, destaca. “Queremos crear un ambiente tranquilo e relaxado para poder estar charlando, un local acolledor, un ambiente distinto”. Para iso dispoñen dunha sala decorada con “ambiente vintage con distintos modelos de butacas, cadeiras, pufs e sofás” no que “encaixa todo tipo de público, queremos dar un trato agradable, bo produto e prezos razoables”. O establecemento conta con servizo de cafetería, pero non dá comidas. Iso si teñen prevista unha oferta innovadora no referido a petiscos “os domingos e festivos pretendemos poñer shushi e comida asiática como tapa”. Abrirán “24 horas sete días á semana a partir de febreiro, para que todo o mundo poida usar o local, pode haber demanda e non hai oferta ningunha”. “Toda a xente que vén repite e din que lles encanta, a miña valoración de momento é positiva”.
Publica o teu comentario agora