Disturbios diante da Xunta de Galicia nas protestas da frota do polbo

Disturbios diante da Xunta de Galicia nas protestas da frota do polbo

01 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

Unidades antidisturbios da Policia Nacional cargaron este mediodía contra centos de manifestantes da frota do polbo que permanecian concentrados diante da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela. Resultaron feridos algúns manifestantes e un mozo de 15 anos tivo que ser atendido por unha ambulancia do 061. As confrarías situadas ao Sul do cabo Corrubedo reclaman diálogo á conselleira do Mar, antes da aplicación do Plan do polbo.

O plan ten vixencia nos anos 2013 e 2014 e puxo en pé de guerra ao sector. En particular os pósitos de Caión, Malpica, Laxe, Camariñas, Corme, Fisterra, Camelle, Corcubión e Ribeira amosan a súa disconformidade coa nova normativa que pretende quw as confrarías teñan que deixar as nasas en terra durante o fin de semana.

Sociedade