As diversas sensibilidades nacionalistas conflúen nun debate na UDC

As diversas sensibilidades nacionalistas conflúen nun debate na UDC

08 de Abril, 2016 - 12:00 h. | Publicada por

Carlos Aymerich, Xoán Bascuas, Ana Luisa Bouza, Alba Nogueira, Lourenzo Fernández Prieto e Xavier Vence participarán esta tarde, na Facultade de Dereito da Universidade da Coruña, nunha xornada de debate sobre o futuro inmediato do nacionalismo galego e a súa conexión coas demandas da sociedade. O encontro, público e aberto á participa

Eis aprogramación do encontro desta tarde na UDC:

I) 16.15h. MESA 1 – "Sociedade galega". Intervirán varios relatores de diversos sectores sociais (estudantes, universidade, empresa, profesionais, etc.) de entre 20 e 40 anos. Ofrecerán a súa visión acerca de "por que o galeguismo non consegue ser maioritario en Galicia e como conectar mellor coa sociedade".

II) 17.00h. MESA 2 – Intervirán políticos de distintos partidos nacionalistas e galeguistas: Carlos Aymerich (ex Deputado do BNG), Xoán Bascuas (Secretario Xeral de Compromiso por Galicia), Ana Luisa Bouza (Vicepresidenta da asociación Somos Nós), Alba Nogueira (BNG), Lourenzo Fdez.Prieto ("Compromiso coa Marea") e Xavier Vence (ex-Portavoz Nacional do BNG). Falarán, sen mediar moderación, en torno a tres temas:

- Conexión nacionalismo – sociedade ("por que fracasa o nacionalismo galego no seu obxectivo de ser maioritario").
- Formas de organización e cooperación ("electorais ou alén, que pode adoptar o galeguismo sostibles no tempo con posibilidade de éxito").
- O futuro do nacionalismo galego.

III) 18.30h. Rolda aberta de intervencións. Xuntanza pública e aberta á intervención no debate por parte de calquera persoa asistente ao acto.

Institucional