División de opinións sobre a posibilidade de peche dalgúns colexios.

División de opinións sobre a posibilidade de peche dalgúns colexios.

14 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O pleno da corporación de Fene (A Coruña) celebrado onte posicionábase en contra do posible peche coa abstención do Partido Popular, que considera que non existe un risco real de que iso ocorra.

Trala publicación oficial en agosto do paso a negativo de 34 prazas de profesorado no concello de Fene, os rumores de peche dos colexios de Os Casais, Limodre e Sillobre acentuáronse. O Consello escolar municipal reuníase o pasado mes cun representante da xunta de Galicia que, sen embargo, aseguraba que non tiña constancia de ningún proxecto de peche.

Isto deu lugar a que o propio Consello propuxese unha moción na que o Concello de Fene se posiciona en contra do peche de calquera centro que teña unha matrícula superior aos 5 alumnos e alumnas. A proposta foi apoiada por Esquerda Unida, polo Partido Socialista e polo BNG, pero o Partido Popular abstívose na votación por considerar que non existe motivo para a alarma e que a moción só busca o enfrontamento. O alcalde, o socialista Ivan Puentes, cre sen embargo que a Consellería si ten intención de pechar os centros aínda que agora diga o contrario, opinión que comparten os grupos do BNG e EU.

Os voceiros dos catro grupos pronunciaron as súas opinións con respecto ao tema.

Sociedade