Divorcio institucional entre Negreira e A Baña

Divorcio institucional entre Negreira e A Baña

23 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A construcción da piscina climatizada municipal de Negreira e A Baña derivou en ruptura institucional entre os dous concellos. Despois de tres anos sin chegar a un acordo co municipio veciño, a corporación municipal de Negreira aprobou por unanimidade a solicitude á Deputación do orzamento necesario para levar a cabo a piscina no complexo polideportivo de Pedra Mámoa. O alcalde nicrariense, o socialista Jorge Tuñas, reiterou que “coa Baña

A alianza entre Negreira e A Baña para a edificación desta infraestructura ráchase ao non chegar a un acordo entre as dúas partes. O alcalde de Negreira comunicou este divorcio e afirmou ser alcalde dos seus veciños e que velará polos seus intereses. Esta decisión foi criticada polo PP de Negreira argumentando que os veciños bañeses se beneficiarán desta instalación sin aportar nada.

Ás diferenzas entre ambos concellos na construcción da piscina municipal outra cuestión colmou a paciencia do goberno nicrariense. Os campamentos de verán que se realizan conxuntamente entre os dous municipios veciños provocou tamén desavenencias entre ambos. Segundo o goberno municipal de Negreira, A Baña impedía a participación de monitores de ambos concellos, a pinga que provocou este divorcio. Unha ruptura institucional da que se descoñece si se chegará a unha reconciliación.

Institucional