ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xestión dos residuos é un dos principais problemas ambientais aos que se teñen que enfrontar diariamente os concellos galegos. O programa divulgativo do Revitaliza busca afianzar os conceptos relacionados coa compostaxe. Hoxe en Onda ODS coñecemos as súas características.
Que é e como se aplica o compost, que vías hai para compostar (composteiros individuais ou centros de compostaxe comunitaria) e cales son as súas vantaxes son algunhas das temáticas nas que se centra este programa educativo desenvolvido polo CEIDA en colaboración coa Deputación de Pontevedra. O obxectivo principal de Revitaliza é concienciar sobre a importancia da compostaxe en proximidade tendo en conta o problema ambiental que supón a xestión dos residuos para os municipios, tal e como explica Manuel Domínguez, coordinador do equipo educativo de Revitaliza en Onda ODS.
Publica o teu comentario agora