ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
En Galicia prodúcese a metade do mexillón mundial, afirman en verso Ana María Fernández e Xoan Babarro, autores do libro “Do A ao Z, Galicia”. As Crónicas de Centieiras, contando esta semana coa participación de Diego Calvo Castro, Cristina Fonticoba Balado e Victoria Formoso Freire, detivéronse neste poemario editado por Everest Galicia.
Trátase dun conxunto poético a modo de roteiro por algúns dos elementos significativos da cultura galega contemporánea. Seguindo cada unha das letras do alfabeto, como inicial da palabra que conforma o centro temático, cántanse dende as bateas aos eucaliptos, dende as uvas ás hélices dos aeroxeradores, dende o zoco á moda, dende o Xurés ao hóckey a patíns. Todos os suxeitos do poema teñen en común unha dimensión autoafirmadora que trascende a Galiza e a sitúa no mundo:como produtora de kiwi ou da metade do mexillón mundial, coas tradicións do San Xoán ou a universalidade do Camiño de Santiago, cun concurso hípico entre os mellores de Europa ou co campionato do mundo de hóckey... sen esquecer a Rosalía de Castro ou a lingua galega. Dende un xogo formal moi rítmico, a variedade temática e a pluralidade estilística conforman un poemario orixinal e ameno.