ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O centenario do nacemento de Miles Davis celébrase con música, como non podía ser doutro xeito, este verán no festival Jazz de Ría. Conversamos en Radio Fene coa directora do festival, Aitana Cuétara.

Hai unha ligazón entre Miles Davis e Galicia. O son dun chifro do afiador e capador ourensán José María Rodríguez. En 1952 o etnomusicólogo estadounidense Alan Lomax gravou o son do chifro dun afiador e capador ourensán, José María Rodríguez, de San Miguel do Campo (Nogueira de Ramuín). Pasado o tempo Miles Davis reinterpretou ese son na trompeta no seu álbum Sketches of Spain. Agora Galicia festexa o nacemento de Miles Davis no X Festival Jazz e Ría, unha edición que comezará cadrando co eclipse de sol. Terá escenarios en Cedeira, Valdoviño, Narón e Neda. Unha viaxe musical que se prolongará do 12 ao 16 de agosto. A X edición de Jazz de Ría será a máis internacional da súa historia, cunha programación que reúne músicos procedentes de Cuba, Arxentina, Perú, Palestina, Irlanda e Estados Unidos.
Publica o teu comentario agora