Do deporte á música no nadal de Ordes

Do deporte á música no nadal de Ordes

18 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes programou para este Nadal un amplo e variado programa para todos os públicos. Maxia, conferencias, obradoiros, música, cabalgata de reis e deporte conforman un cóctel diverso para o gusto dos veciños e veciñas. Hoxe mesmo os paxes reais visitan a Escola Infantil “Sorrisos” para que nenos e nenas lle pidan os agasallos ou lles entreguen a súa carta. Unha visita que se repetirá o vindeiro luns , cando os axudantes dos reis retome

Unha serie de conferencias baixo o título “ Aprender sobre a propia historia” desenvolveranse mañá sábado organizadas pola Escola Popular Galega xunto coa Asociación Cultural Foucellas de Ordes. Unhas charlas que se centran na etapa contemporánea. De dez da mañá a sete da tarde sucederanse as intervencións como “ Galicia sobre a dictadura franquista” ou “ O movemento obreiro galego baixo a dictadura. Tamén se levará acabo a II Sesión de historia de Galicia para ofrecer información aos interesados dos capítulos máis importantes  dos movementos sociais do último século na nos aterra. Os interesados poden obter máis información na web foucelhasordes@gmail.com

O deporte acada o protagonismo no calendario navideño este domingo 20 de decembro, coa celebración do “ Día da bici”. A partir das dez e media da mañá poderán anotarse todos os que queiran participar na proba. Contará con dous circuítos, un para nenos menores de 10 anos e un segundo para maiores de 11. Sortearase ao remate 3 bicicletas, cascos e outros agasallos entre todos os participantes. A xornada dominical tamén acollerá obradoiros de mobilidade sostible, da cultura de sustentabilidade e sobre o cambio climático. Xa pola noite a música chegará da man do Orfeón “Terra nosa” que actuará no Auditorio da Casa da Cultura de Ordes. 

A axenda navideña retómase o martes 22 cun obradoiro de decoración navideña ao que lle segue o mércores 23 un obradoiro de maxia a cargo do mago Pablo. O Auditorio Municipal acollerá o concerto de Nadal e un certame de corais o 3 de xaneiro. A cabalgata de reis pon o broche de ouro ao nadal ordense. Percorrerá as principias rúas do pobo ata o concello. Non faltará os agasallos e os caramelos nunha carpa instalada na Alameda. 

“ O Día Internacional da Persoa Emigrante” que se conmemora nesta xornada non pasa desapercibida para a mancomunidade de concellos da comarca de Ordes.  A mesma abre hoxe unha campaña informativa baixo o título “ Somos persoas e sabemos convivir”. Así repartirase unha guía de lecturas recomendadas sobre a emigración para sensibilizar aos veciños na diversidade cultural e favorecer a integración deste colectivo.

Sociedade