A doble cara da emigración

A doble cara da emigración
07 de Xaneiro, 2019 - 10:08 h. | Publicada por Radio Neria

Nina diríxese ao aeroporto flamengo de Zaventem para coller o voo de regreso a Santiago. Vai pensando nos motivos que a levaron ata alí. Unha fervenza de sensacións e emocións asolágaa. Falamos da novela de Antonio Piñeiro, A través do fume, Premio Torrente Ballester 2017, unha obra sobre as múltiples caras da emigración.

ESCOITA O PODCAST:
Clube de lectura de Radio Fene Radiofusión

A través das sensacións, dos retrincos das imaxes, dos momentos, recendos e sons inesquecibles, aparece a potencia literaria dunha obra que, desde o abraio, deixa ao descuberto a historia oculta, íntima e dolorosa, dun drama persoal e colectivo. O texto da novela preséntase cun peculiar estilo, coa ausencia de punto e seguido e puntos e aparte igual que na novela de Saramago “As intermitencias da morte”

Cultura

Publica o teu comentario agora