Dobre valor

Dobre valor
18 de Maio, 2023 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Pasou o Perlío. Xogará a final da copa da ría fronte ao Cebarca. Perlío 2 Maniños 1. Adiantouse o Maniños no minuto 13 cun gol de Iván Amigo, pero o Perlío deulle a volta á tortilla en dous minutos. No 67 Isma e no 69 San Emeterio, déronlle a semifinal ao equipo dos Pinares. 

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Perlío Gonzalo Beceiro
http://173.255.131.18/audio/180523BECEIRO.mp3
O míster do Maniños Pablo Mesa
http://173.255.131.18/audio/180523MESA.mp3

Fotografía Xan Xe

“Felicitamos ao Perlío pero aínda non me explico como puidemos perder ese partido” manifesta o adestrador do Maniños Pablo Mesa. “A vitoria ten dobre valor porque o equipo non se rendeu a pesar do marcador desfavorable e lle adicamos o resultado ao noso xogador Pocho que ven de ser pai” indica o míster do Perlío Gonzalo Beceiro despois do encontro xogado na tarde do Dia das Letras Galegas no campo de fútbol dos Pinares. A final de copa da ría de fútbol afeccionado xogarase en principio a fin de semana do 17 e 18 de xuño, pero a federación podería adiantala dado que os dous equipos participantes non teñen fases de ascenso nin outros partidos. 

Fotografía Xan Xe
 

Deportes

Publica o teu comentario agora