Doce establecementos participan no certame de tapas

Doce establecementos participan no certame de tapas
25 de Abril, 2023 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

Doce cafeterías e restaurantes participarán no Concurso de Tapas organizado polo Concello de Fene entre o cinco e o vinteún de maio. Trátase dun establecemento máis que na última edición do certame. Os petiscos serviranse ao prezo único de un euro e medio, os tres primeiros fins de semana de maio. Entre a clientela que sele a Fenerruta sortearase unha viaxe de tres dias e nove vales de cen euros cada un para gastar nos negocios de Fene. 

Na imaxe, Anxeles Coira, concelleira de Promoción Económica

O concurso de tapas concentrarase nas fins de semana do 5 ao 21 de maio, con horarios mínimos en que se servirán os petiscos, ampliables polos establecementos. Así, deberán estar dispoñibles para degustación os venres de 20:00 a 22:30h, os sábados de 13:00 a 15:00h e de 20:00 a 22:30h e os domingos de 13:00 a 15:00h. Nos establecementos participantes poderán obterse os pasaportes "Fenerruta" para ilos selando con cada tapa e entrar no sorteo dunha chea de agasallos, entre eles unha viaxe de tres días en réxime de aloxamento e almorzo ou 9 vales de 100 euros cada un canxeables nos negocios hostaleiros integrados na Asociación comercial O Cruceiro. Ademais, coa Fenerruta o público tamén elixirá por votación o premio á Tapa Popular Creativa e á Tapa Popular Tradicional. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora