Dominio claro

Dominio claro
18 de Abril, 2023 - 02:52 h. | Publicada por Radio Fene

Na Segunda Galega de Fútbol feminino, o derby fenés decantouse claramente a favor do Maniños que venceu ao Perlío. 2-6 no partido xogado o domingo nos Pinares. “Traballamos moi ben o partido como se reflectiu no marcador”, destaca o adestrador do Maniños, Juanjo Iñiguez, Cebolo. “O resultado é claro. O Maniños foi superior todo o partido. Foron claras dominadoras”, recoñece o adestrador do Perlío, Carlos Carballo Vinky.

ESCOITA O PODCAST:

A semana de vacacións de Semana Santa deulle marxe ao Maniños para recuperar as baixas, mentres o Perlío segue a sufrir as consecuencias da falta de efectivos.  “O meu obxectivo foi que non houbera sobremotivación que sempre leva a erros”. “As xogadoras estiveron, sobre todo na primeira parte, a un nivel abrumador”. “Facía moita calor, penso que as superamos fisicamente, elas chegaron con poucos efectivos”, manifestou o técnico do Maniños. “Temos unha plantilla moi xustiña e estásenos facendo moi longa a temporada”, explica o míster do Perlío. “Cando as cousas empezan mal solen acabar peor. Iamos con moitas baixas, non puidemos preparar ben o partido, estivemos estas últimas semanas adestrando con oito xogadoras e así é moi complicado”.



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora