Dominio e aloxamento de balde

Dominio e aloxamento de balde
15 de Maio, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

No mes da conmemoración do Día das Letras Galegas e do Día de Internet, a Asociación de Medios en Galego, a provedora de servizos dinahosting  e a Asociación PuntoGal unen esforzos para apoiar o uso da lingua na rede a través da iniciativa Subscríbete ao galego.

ESCOITA O PODCAST:

Escoita a Lucía González, de dinahosting

http://173.255.131.18/audio/130522GONZALEZ.mp3

Na imaxe maios do Colexio Centieiras de Perlío. Fene, 13 de maio de 2022 (Fotografía Xan Xe Corral)

Fotografía Xan Xe

Entre o 17 e o 31 de maio, as persoas que se fagan subscritoras de Son Radiofusión ou de calquera dos outros medios participantes na campaña recibirán totalmente de balde un dominio .GAL e o aloxamento para a súa web durante un ano. Este agasallo está valorado en máis de 170 euros.
E importante que a cidadanía consuma medios de comunicación en galego, e realice tamén as súas pescudas de google en galego, afirma Lucia González, de dinahosting
Nun mundo tan globalizado e marcado polo emprego da tecnoloxía, a Asociación de Medios en Galego, dinahosting e PuntoGal queren contribuír a un maior uso da lingua na Internet. Un dominio .GAL e un hosting web de balde permitiranlles ás persoas beneficiarias gozar dunha conta de correo profesional co seu propio nome de dominio, ou iniciar o seu proxecto web sen necesidade de facer ningunha inversión inicial. 

Cultura

Publica o teu comentario agora