Don Bob

Don Bob
11 de Marzo, 2020 - 09:51 h. | Publicada por Radio Fene

A perruquería mixta Don Bob abríu as súas portas na avenida do Concello de Fene esta semana. Os cortes de pelo e as coloracións son o forte do xove Diego García, quen está á frente do novo negocio.

ESCOITA O PODCAST:

Ten 28 anos e leva dez dedicado á perruquería. Diego García ven de instalarse en Fene. Bautizou co nome dun corte de pelo “Don Bob” o seu establecemento, ubicado na Avenida do Concello n.º 1 baixo, no local onde estivo moitos anos a papelería Albada. Don Bob convida a entrar porque é un espazo diáfano, minimalista, moi luminoso e coidado nos detalles. Diego é natural de Carballo pero leva catro anos traballando por conta allea na comarca de Ferrol. A súa parella é de Fene, un lugar que lle encanta, e por iso decidiu instalar a súa perruquería nesta localidade.

Dáselle ben o corte e tamén a coloración. Son a súa tarxeta de visita. Encántalle a perruquería de mulleres pero tamén a de homes, así que o seu negocio é mixto, aberto a todo o mundo. Hai que pedir cita previa no teléfono 881 29 10 03. Inaugurou Don Bob o pasado sabado e o luns púxose mans á obra con moi boa aceptación. Traballa a xornada partida de luns a xoves e o venres abre as portas ininterrumpidamente.

As cores gris, branca e o terra do sofá (de Cherter), os teitos altos, a escaleira de caracol, danlle a Don Bob un aire de modernidade pero tamén de comodidade. E qué decir da terraza na entrada do local onde fumadores, ou quen o desexe, dispón de mesa e cadeiras ao aire libre mentres agarda a súa vez.

Dí un refrán chino: “Se non podes sorrir, non poñas tenda”. Diego García acóllete cun sorriso na boca, cumprindo co primeiro requisito. Para comprobar que é bo perruqueiro hai que entrar en Don Bob.

Sociedade

Publica o teu comentario agora