ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O galo don Esmeraldino participará este mércores de cinza no desfile de comparsas do Entroido de Fene. Sairá ás cinco e media da tarde do campo da festa de Perlío. O deseñador Carlos Sardiña elaborou o galo, unha figura de cartón pedra, de case catro metros de alto. É un símbolo da luxuria exacerbada, do exceso carnal e do insaciable apetito sexual. Representa a Don Esmeraldino, personaxe do libro Merlín e Familia de Alvaro Cunqueiro.
Era un vizconde de Braga, ao que lle gustaban moito as mulleres. Facía alarde público das súas conquistas e toda a cidade aplaudía esta exhibición da masculinidade tóxica. No momento en que recibe unha homenaxe, convertese inesperadamente en galo. Para desfacer “o meigallo”, lévano en peregrinaxe a Santiago de Compostela. Pero o galo escapa e vai a diferentes galiñeiros en Meira, onde fai unha última travesura, creando unha raza de galiñas especialmente poñedoras. Ao ser apreixado, morre na Praza do Obradoiro, diante da catedral.
Don Esmeraldino participa coa comparsa A Santa Compaña de Radio Fene e do laboratorio de creación artística Laudas Calamity. Acompañan ao galo, máis de 20 galiñas e 90 raposos e raposas. Un equipo dirixido por Lucía Vázquez, Luz Leyva e Rosa Navarro elaboraron desde hai varias semanas os completos disfraces de galiñas. Laudas Calamity encargouse dos raposos e Martha Ramirez preparou a coreografía.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora