As donas do vilar en Vilar de Donas

As donas do vilar en Vilar de Donas

04 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Ei, donas do Vilar! Erguede os finos rostros e sorride,que andan galáns de corte con soedades de vós!  Agás que prefirades vélos morrer de amor, Le temps s'en va. Le temps s'en va. mes dames! De todolos amores o voso amor escollo: Miñas donas Giocondas, en vós ollo todalas damas que foron no país, unhas brancas camelias, outras froles de lis.

Álvaro Cunqueiro cantou á igrexa de Vilar de Donas en Palas de Rei, unha xoia de templo onde Arias Pérez de Monterroso e a súa muller fundaron un mosteiro feminino. As pinturas do presbiterio, realizadas en 1434 para conmemorar o Ano Santo Compostelano, teñen moita importancia. Petrus Nunii de Turis (ou Muni de Buris) foi o pintor que realizou esta obra xenial que traslada unha fermosa mensaxe. O baldaquino exento, o traballado retablo barroco, as arquivoltas da portada e as magníficas sepulturas de cabaleiros da orde de Santiago son outras singularidades desta igrexa separada só un quilómetro e medio do Camiño de Compostela.

 

Sociedade