ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Hai moitas persoas permanentemente enfadadas. Parece que un dos efectos da pandemia foi aumentar a crispación social. Medran as queixas e as protestas polos ruídos, polas colas... Ata hai quen se queixa polo ruído que fan os nenos e nenas cando xogan no patio da escola. Calquera situación coa que antes aprendiamos a convivir pode acabar agora na presentación dunha denuncia. Analizamos as consecuencias deste malestar no espazo de saúde e benestar de Radio Fene
“Ninguén nos pode poñer unha emoción, medo, ira ou tristeza, somos nós os que, ao percibir a realidade, condicionamos o noso estado”, lembra o psicólogo José Barcia. Todas as emocións cumpren unha función. Por iso enfadarse non é negativo, pero vivir enfadado si. “Experimentar unha emoción ata é saudable”. O malo é cando dominan a nosa vida. Unha emoción intensa non pode manterse de xeito crónico. Cando iso sucede pode favorecer a aparición de trastornos de saúde e prexudicar as nosas relacións sociais. “Non deixemos que iso sexa a nosa normalidade”, dí o especialista.
Publica o teu comentario agora