Dous anos de traballo

Dous anos de traballo
04 de Marzo, 2021 - 11:32 h. | Publicada por Radio Fene

Está conformado o embarque da terceira unidade das estructuras flotantes para o parque Kinkardine. Sairá de Navantia Fene o dia 17 de marzo.

O guindastre de 1.600 toneladas xa se pode apreciar con claridade desde a ponte das Pias e desde San Valentin. Navantia Fene contratou a máquina para operar coas cimentacións para o parque de Saint Brieuc, encargado por Iberdrola. Construiranse 62 jackets, estruturas de aceiro que sosteñen os aeroxeneradores no mar. Xenerará ocupación na antiga Astano durante os anos 2021 e 2022 o que supón, segundo fontes sindicais, un millón oitocentas mil horas de traballo (1.800.000 horas) .

Navantia e Windar tamén ultiman as estructuras flotantes para o parque Kinkardine en augas de Escocia. Do estaleiro de Perlío xa sairon duas das cinco estruturas construidas. O próximo 17 retomaránse esas manobras co embarque da terceira unidade. A fase final do Kinkardine culminará esta primavera. Na actualidade, Navantia Fene ten 95 traballadores en plantel, un número ben precario. Por iso parece urxente recuperar xente no centro de Fene e que remate axiña o proceso da asignación das prazas da convocatoria de 2019 en curso, que reportará 34 novas prazas ao plantel do estaleiro fenés.

Sociedade

Publica o teu comentario agora