ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O que non ten nome non existe. Leiras, fragas, camiños…todos eses lugares tiñan nome en Galicia e moitos corren o risco de perderse para sempre. A Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua teñen un proxecto para rexistrar microtopónimos antes de que desaparezan. Esta tarde pedirán a colaboración da veciñanza de Valdoviño nun acto previsto para as 19:30 horas, na Casa da Cultura. Alí estará Vicente Feijoo, coordinador técnico de Galicia Nomeada, co que charlamos hoxe en Radio Fene.

“Estudar os nomes dos lugares é unha maneira marabillosa de achegarnos a como era o territorio, fálanos das especies vexetais que había, das especies de animais, dos tipos de cultivos, é unha das grandes riquezas da nosa toponimia, a gran variedade de temas que toca”, manifestou Vicente Feijoo.
En Galicia calcúlase que houbo moitos máis de dous millóns de nomes de lugares. “Estanse perdendo e nas últimas décadas de forma acelerada co despoboamento”, sinala o lingüista. Son moitos, variados e adoitan ser descritivos. Para que non se perda esa gran riqueza do noso patrimonio cultural funciona a aplicación colaborativa Galicia Nomeada coa que calquera pode colaborar no rexistro de microtopónimos. De momento, teñen recollidos máis de medio millón e cren que poden chegar a salvagardar ao redor de dous millóns.
Valdoviño, Narón, Mugardos e Ares son os catro concellos da comarca que teñen menos nomes de lugares recollidos na plataforma creada para garantir a súa preservación. Na comarca tamén hai poucos de Narón, Mugardos e Ares. Na Casa da Cultura de Valdoviño van explicarlle esta tarde á veciñanza como funciona a aplicación. Tamén se falará da orixe e o significado dunha escolma de nomes de lugar de Valdoviño. Actos semellantes celebraranse proximamente noutros lugares de Galicia. Apelando á colaboración cidadá antes de que se perdan os microtopónimos.
Publica o teu comentario agora