Dous non discuten...

Dous non discuten...
22 de Decembro, 2025 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Perdemos a capacidade de dialogar? Somos quen de compartir opinións con quen pensa diferente? Reflexionamos sobre os efectos da polarización co psicólogo José Barcia Tuccelli.



 

ESCOITA O PODCAST:

“Na última década empeza a verse a polarización, que está pasando en moitas partes do mundo”, apunta Barcia Tuccelli e para evitar conflitos algunhas persoas optan por non falar de política, relixión ou mesmo fútbol. “Se o contexto é propicio, o ideal é practicar a escoita activa, a empatía”, sinala. Moitas persoas evitan os temas conflitivos, pero nos estudos sobre o tema tamén hai datos máis positivos que pasan inadvertidos. “Sete de cada dez recoñecen que puideron conversar con persoas que opinan distinto”, mesmo algunhas puideron cambiar de opinión logo dese intercambio de pareceres, destaca o especialista.

Sociedade

Publica o teu comentario agora