Dous partidos en vintecatro horas

Dous partidos en vintecatro horas
15 de Marzo, 2022 - 12:58 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío feminino terá que xogar o sábado e o domingo. A Federación puxo para o sábado o partido Perlío – Eirís, da Segunda División galega, aprazado no seu dia por covid. O domingo xogarase o Perlío – Pastoriza B. Trátase de dous equipos da mesma liga que o Perlío, conxunto que continua colocado na cuarta praza da clasificación que da dereito á xogar o play off de ascenso.

ESCOITA O PODCAST:

Na última xornada, Amistade de Meirás 5 -0 Perlío en partido xogado no campo de Santa Mariña do Monte. O Amistade de Meirás é líder con 15 vitorias en 15 partidos xogados. Non coñece a derrota nin o empate.

Deportes

Publica o teu comentario agora