Dous traballadores no limbo do naval

Dous traballadores no limbo do naval

24 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Despois de case dous meses de soedade, presentándose ás portas do estaleiro de Fene ás 7 da mañán e permanecendo alí ata as 2 da tarde. Esta mañán tiveron compañía porque ás 12 se concéntraban ás portas do estaleiro de Navantia Fene as agrupacións locais socialistas para apoialos.

Os dous eran traballadores da empresa Montaxes Cabral, antiga auxiliar de Astano, pero quedaron fora dela despois de que dez compañeiros seus se acolleran á prexubilación. Juan Fernández Ameneiro e José Antonio Becerra quedaron no limbo, sen traballo nen na sua empresa nen no estaleiro, segundo explicou o primeiro en radiofusion. 
 A semana que ven a sua situación podería dar un xiro despois de semanas procurando asesoramentos e de apoios.   O luns da vindeira semana reúnense con CCOO porque cabería unha terceira vía, a de integrarse noutra empresa auxiliar, segundo Juan Fernández, quen non quixo desvelar de cal se trataba. Os dous traballadores levan ligados ao estaleiro de Fene dende o ano 1975, sempre dentro da empresa auxiliar Montaxes Cabral.

Sociedade