Douscentos mil emigrantes na última década

Douscentos mil emigrantes na última década
05 de Novembro, 2019 - 08:14 h. | Publicada por Radio Oleiros

Mais de douscentos mil mozos e mozas tiveron que emigrar de Galicia na última década. Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, no último ano (2018) marcharon máis de quince mil persoas ao resto do Estado e máis de catro mil ao estranxeiro. Son homes e mulleres ben preparados, con titulación universitaria, que buscan emprego.

Escola en Cuba. Outubro 2019

Os mozos e mozas comezaron a emigrar de novo de Galicia dende mediados da década do ano 2000. Os que ficaron na terra no tiveron fillos por non poder mantelos,e cando se deron as circunstancias para traelos ao mundo, fixérono sendo xa maiores e tendo menos dos que en realidade desexaban, segundo indica o historiador Isidro Dubert no libro “A morte de Galicia”.
Unha enquisa sobre a mocidade realizada pola Xunta de Galicia en 2007 concluía que dúas de cada tres mulleres de vinte a vintenove anos crían que non chegarían a ter o número de fillos que realmente desexaban. Achacábano aos baixos salarios e á inseguridade laboral.

Sociedade

Publica o teu comentario agora