Douscentos quilómetros nas Illas Canarias

Douscentos quilómetros nas Illas Canarias
02 de Maio, 2019 - 02:07 h. | Publicada por Radio Fene

Chegou a hora da verdade para os equipos inscritos no Rally Islas Canarias. A proba comezará nesta tarde de xoves coa primeira etapa nas Palmas.

Edgar Vigo e Fátima Ameneiro

A competición insular, puntuable para a ERC (European Rally Championship) é á súa vez puntuable para o SuperCampeonato de España de Rallyes SCER. Scratch Fene volve ampliar fronteiras sendo está a primeira ocasión en que un dos seus equipos compite nunha proba da ERC, tras habelo feito anos atrás no europeo de montaña. Édgar Vigo e Fátima Ameneiro, están de volta nas illas afortunadas tras a súa participación hai 5 anos que lles serviu para obter un gran número de puntos e alzarse como Campións de España de grupo N. Nesta ocasión a proba de Gran Canaria é tamén puntuable para a ERC e as ganas dos deportistas feneses cada vez son máis grandes conforme pasan as horas. Ao competir cun vehículo homologado pola FIA, o equipo partirá englobado na categoría FIA por diante de moitos outros equipos do campionato de España. Nas súas portas do 208 R2 levarán o número 56.

Na xornada do luns, o equipo recolleu o rutómetro, comezando os recoñecementos a 4 dos 8 tramos cronometrados o martes e continuando cos restantes o mércores. Na xornada de xoves celébrase a cerimonia de saída, sendo a partir do venres cando comeza a competición oficial, continuando até ben entrada a tarde do sábado, na que finalizará a carreira. Serán máis de 200 os quilómetros cronometrados aos que farán fronte os feneses.

Deportes

Publica o teu comentario agora