ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"O Catecismo da Doutrina Labrega, composto por Frei Marcos da Portela. Doutor en Teoloxía Campestre". Con ese nome editouse en 1889 o exitoso libro de Valentín Lamas Carvajal que logrou máis de vinte edicións. O presidente da Asociación de Medios en Galego Fernando de Paz participou onte en Ourense nun roteiro en lembranza do promotor de "O Tío Marcos da Portela". Celebrábanse 150 anos desde que viu a luz o primeiro número desa publicación. No "Catecismo" fai o papel de catecúmeno un pobre e amargurado labrego, que responde con triste humor ás preguntas que se lle dirixen.

O Consello da Cultura Galega sumouse con esta actividade á conmemoración do Dia dos Medios en Galego, data sinalada pola Asociación de Medios en Galego en homenaxe á Valentín Lamas Carvajal e á súa publicación O Tío Marcos da Portela. En 2018 o Parlamento Galego referendou nunha declaración unánime esa celebración. Onte sábado, un roteiro lembrou a pegada de Lamas en Ourense partindo do cemiterio de San Francisco. Interviron o bisneto do escritor Manuel López-Ribadulla Lamas, a presidenta do Consello da Cultura Galega Rosario Álvarez, da Academia Galega María López Sández, o secretario xeral da Lingua Valentín Garcia e o historiador Afonso Vázquez-Monxardín. A xornada finalizou no Liceo cunha actuación da coral de Ruada e un xantar.
Publica o teu comentario agora