ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
As charangas Dr. Anchoa e Trópico de Grelos comezarán a animar o Entroido nas rúas de Ourense a partir das sies desta tarde. Os Centellas arrufarán un baile para nenos e nenas na Praza da Imprenta, e xa ás nove da noite procederáse á lectura do Pregón na Praza Maior. As Pitas das Eiroas, As Romanas da Ponte, Frei Canedo, Paquita e Nicanor de Seixalbo teñen anunciada a súa presencia polas rúas do casco antigo. As dez da noite servir
O programa do Entroido en Ourense continua deste xeito:
O día 18, Sábado de Entroido, con animación rueira a cargo de varias charangas. Ás 17.30 horas Entroido Infantil co tema A Danza da Granxa no paseo central da Alameda. Ás 00.00 horas na Praza Maior, baile coa orquestra Os Satélites.
O día 19, Domingo de Entroido con animación a cargo de varias charangas, ao 12.00 concerto da Banda Municipal de Música de Ourense na Alameda; ás 18.00 horas Desfile de Comparsas e Carrozas desde As Lagoas; ás 19.30 horas na Praza Maior, baile coa orquestra Ledicia e ás 21.00 horas Concurso Rei e Raíña do Entroido 2012 no mesmo lugar.
O Luns de Entroido, día 20, animación a cargo de varias charangas; ás 17.00 horas Entroido Infantil Un Día na Granxa e ás 19.00 horas Actuación infantil de Çe, orquestra pantasma, na Alameda. Ás 00.00 horas, na Praza Maior, baile coa orquestra Capitol e Concerto dos Muyayo Riff, Deus ke che crew e Dj Iván DZ na Praza do Correxidor.
O martes 21, animación rueira a cargo das charangas Moita Marcha e Chunda Chunda, ás 19.00 horas na Praza Maior, ambientación musical.
O mércores 22, ás 10.00 horas haberá Talleres de Maquillaxe e Disfraces do Entroido e comparsas por toda a cidade. Tamén se celebrará o gran xogo de O Entroido Galego na Praza don Bosco. Ás 20.30 horas celebrarase o Enterro dá Sardiña. A concentración terá lugar na Praza Maior e o cortexo fúnebre irá amenizado polas charangas Os Centellas e Chunda Chunda.