Duascentas persoas inscritas na ruta BTT Sendeiros de Fene

Duascentas persoas inscritas na ruta BTT Sendeiros de Fene

07 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

Xa van 202 persoas inscritas na 4ª Ruta BTT sendeiros de Fene que se celebra este domingo día 11 polo término municipal de Fene e que organiza o club Btt de Fene. O prazo remata este xoves. A Ruta Sendeiros de Fene ten un mérito importante para os afeizoados a este deporte, que discurre na súa maior parte por monte, segundo Víctor Pico, do club organizador.

A Fene achéganse ciclistas de toda a comarca pero tamén de Santiago ou Lugo atraídos polas características naturais da Ruta BTT de Fene.

A Ruta BTT sendeiros de Fene percorre cincuenta quilómetros, incluindo descensos, cruces de río e vistas espectaculares como a que se divisa desde o coto do rei no monte Marraxón de Sillobre.  A ruta sairá o domingo ás nove da mañá do pavillón polideportivo de San Valentín. As persoas que queiran quedar a xantar abonarán doce euros aparte.

Sociedade