Dulce López Rivera presidirá o xurado do XI Certame de cartas de amor

Dulce López Rivera presidirá o xurado do XI Certame de cartas de amor

02 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A escritora Dulce López Rivera presidirá o xurado do XI certame de cartas de amor convocado por Radiofusión. As persoas interesadas teñen de prazo ainda ata o 11 de febreiro para enviar a súa misiva de amor, a este concurso que se fallará o 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados. Ademais de Dulce López Rivera, formarán parte do xurado, o alcalde de Fene Iván Puentes,  a concelleira de Cultura Carmen Silvar, 1 repr

Dulce López Rivera iniciouse no mundo da escritura, gañando por 3 anos o certame de Relatos de verán, convocado por La Voz de Galicia. Participou no Obradoiro Literario organizado polo Concello de Fene e impartido por Eduardo Estevez, e publicou poemas nas revistas Dorna e Ferrolanálisis. No 2008 publicou o libro de poemas A sombra das queirugas, na Editorial Follas Novas. Na actualidade prepara un volume de relatos e outro de poemas. E profesora de Lingua Castelá no IES Terra de Trasancos en Narón.

As persoas interesadas en participar deberán enviar a Radiofusión (Casa do Concello. 15500 Fene A Coruña) ou ao correo electrónico direccion@radiofusion.eu unha declaración de amor, en prosa ou en verso e que non exceda dun folio mecanografiado a doble espazo. Tamén se admitirán cartas redactadas a mán, sempre que sexan intelixibeis. As cartas de amor enviaránse baixo plica e terán que estar en poder de Radiofusión antes do 11 de febreiro, inclusive. As declaracións deberán estar redactadas en lingua galega. A persoa que resulte gañadora recibirá unha cea romántica e o aloxamento dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol.

Cultura