Durmir ben

Durmir ben
29 de Xuño, 2026 - 12:28 h. | Publicada por Radio Fene

Durmir non é doado cando fai calor. E pónselles máis costa arriba aínda ás persoas que padecen trastornos do sono. Diso falamos esta semana co psicólogo José Barcia Tuccelli en Radio Fene. 

ESCOITA O PODCAST:

Para conciliar o sono hai que prepararse “como un avión se prepara antes de aterrar”, apunta o especialista. Moitas persoas adoitan levar os problemas á cama e non poden durmir porque non paran de darlles voltas. O teléfono móbil tamén é un inimigo do descanso nocturno. Explicou Barcia Tuccelli que os especialistas aconsellan dedicar uns minutos antes de deitarse a escribir o que nos pasou no día ou o que pensamos facer ao día seguinte. Poñelo no papel axuda a que o cerebro desconecte deses temas. Para chamar o sono convén que o cuarto sexa silencioso e o máis cómodo posible. E se espertamos no medio da noite non mirar o reloxo nin botar man do móbil. En todo caso, “aconséllase cambiar de cuarto e facer algunha actividade relaxante, como ler”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora