Dylan no Adriano

O contraste de luces creado no vello cine agrandou se cabe o espectáculo Ela e Dylan
12 de Febreiro, 2019 - 11:11 h. | Publicada por Radio Fene

O vello cine Adriano escoitou a Bob Dylan co bo facer de Roger de Flor e a actriz Helga Méndez e o seu espectáculo dramático- musical Ela e Dylan. As flores solitarias.

Cada persoa que entra por primeira vez no cine Adriano de Barallobre queda sorprendida pola súa beleza, polo misterio que desprende, polos fantasmas que o habitan.O sabado volveronse abrir as portas do vello cine para acoller poemas e cancións de Bob Dylan, interpretados por unha actriz, Helga Méndez, e un cantautor, Roger de Flor. A penumbra inundaba o patio de butacas. No escenario unha lámpada iluminaba a escena e provocaba sombras que incrementaban a sensación de habitar un espazo irreal. Unha butaca para ela e unha cadeira e unha botella de wisky para el. E unha guitarra e unha armónica, claro.

Ela lía, sorría e bailaba. El bebía e cantaba. E o público entregado, sentado nas cadeiras pintadas pola pintora Carme Martín. Os artistas estiveron á altura das espectativas, si ben o marco axudou a crear o ambiente que eles querían. O sabado contra a noite abriuse o ambigú do Adriano para agasallar aos asistentes cun trago e un petisco. Tamén ese espazo trae recordos imborrables da infancia. As gaseosas que suministraba Servia, fábrica veciña do cine de Barallobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora