ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
As instalacións do CCRD de Perlío acollen esta tarde, a partir das 18:00 h, un obradoiro de “Cociña Entroideira” impartido por 2 monitores/as. A actividade diríxese a rapaces escolarizados en educación primaria e ten 30 prazas que se cubriron enseguida. O Entroido de Fene ten precisamente no martes e mércores os seus días centrais. Un muíño da eólica arderá en Fene o mércores de cinza durante a Festa d
O Festival de comparsas contará este ano co desfile de 14 agrupacións: Os Colludos, A Revolta de Trasancos, Os Juasapeiros, Tribu Fantasía (Paso a paso), Os Scratchados de Fene, Os nenos de Lola, Comparsa da Semente e Troupele Troupele. Tamén subirán ao escenario (aínda que non actúan este ano) Os Argalleiros, A Canteira e Os Parrandolos. As tres comparsas restantes – Xeriatros Ferrol, Xeriatros Narón e “Los Pintores” de Xeriatros Laraxe”
Mañá martes, a Praza do concello de Fene acolle a festa infantil, a cargo de Dinamo Animación, para a que as panaderías de Fene regalan os doces de entroido. Gonzalo Martínez, da Asociación O Tadetas, citou ás seis que cada ano son xenerosas coa festa; Panadería Ramón, Panadería El Cruce, Panadería Abroa, Panadería Amaria, Confitería Sara e Confitería Martínez.
Tanto hoxe como mañá, a causa da festa, a biblioteca municipal, museo do Humor e casa da Cultura non abrirán pola tarde e o mércores de cinza permanecerán pechados o mesmo que a casa do concello, por ser festivo local de Fene.