E chegou a maxia!

E chegou a maxia!
17 de Agosto, 2021 - 11:42 h. | Publicada por Radio Fene

A maxia chegou a Fene o 22 de xuño de 2001. Trece nenos e nenas coa cara pintada de pallaso cortaron os fios que amarraban a tela sobre o Monumento ao Pallaso no Parque Castelao de Fene. Grazas a centos de globos a tea ascendeu cara o ceo. Canda a tea subía, fíxose a maxia. Nenos e nenas correron e rodearon a escultura e a encheron de sorrisos e de agarimo. Tamén agarimo desprendeu o ceramista Francisco Pérez Porto na elaboración da escultura que dalgún xeito lembra ao pallaso Fofó. 

Cubo en Fene

O mago Teto amenizou unha velada de agradecemento aos pallasos, eses seres que levan tempo pelexando por facer rir á xente. Algo así tamén pretende o proxecto Viñetas do Camiño que se leva a cabo neste 2021. (Na imaxe cubo en Fene coas decoracións de Xaquín Marín e de Laura Bouza)

Cultura

Publica o teu comentario agora