E continuaremos a contar

E continuaremos a contar
21 de Maio, 2021 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

E continuaremos a contar. A narrativa oral como ato de visibilidade e supervivencia. A escritora natural de Maniños (Fene) Paula Carballeira ven de publicar un novo libro. Fala da narrativa oral, como unha forma de entender a vida. Ela ademais de ser actriz, poeta e dramaturga, adícase a iso, segundo indica o director de Através editora Valentín Fagim. Multipremiada, Paula é unha directora teatral de prestixio coa compañía Berrobambán. Coa narración oral de raíz galega, ten percorrido boa parte de Europa e de América.

ESCOITA O PODCAST:

O director de Através editora Valentim Fagim fala dos últimos libros

http://173.255.131.18/audio/200521FAGIM.mp3

Inauguración da biblioteca Paula Carballeira. Maniños. 2011

O Colexio Os Casais de Maniños denominou a súa biblioteca como "Paula Carballeira" en xuño de 2011. "Parece mentira, pero en moitos lugares do mundo non saben que existe Maniños" manifestou con ironía Paula no acto formal de inauguración da biblioteca, un espazo cheo de aventuras e sabiduría.

Cultura

Publica o teu comentario agora