ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
.- Boas noites, Pimpinela.
.- Boas noites, señor Fuco.

.- Veño da vila e lembreime de ti, sabes? Tráioche un regaliño... É pouca cousa en comparanza co que che daría se quixeses.
.- Moitas grazas, señor Fuco, pero eu non me vendo.
Antonio Tizón é o responsable do guión deste podcast que adapta para a radio “Os vellos non deben de namorarse” de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. A dirección é de Eugenia Sanmartín e conta cunha banda sonora composta por Antón Ramos.
Rogelio Arias, Sonia Parra, Antón Cortizas, Mariola Hermida, Carme Romero, Helga Méndez, Ana Santiago, Vicky Sas, Odoluscofusco, Angel Simón e Manolo Bacalhao son as actrices e actores do grupo Merlín e Familia, que pon as voces aos personaxes deste podcast. O equipo técnico o forman Lorena Teijeiro, Luis Caldevilla e Xavier Fernández.
Imaxe: Ana Santiago
Fotografia: XanXe
Publica o teu comentario agora