E ti de quen vés sendo?

E ti de quen vés sendo?

18 de Xuño, 2015 - 12:00 h. | Publicada por

O Dicionario dos apelidos galegos ten como obxectivo proporcionar a información etimolóxica, xeográfica e histórica máis relevante sobre cada apelido. Articúlase en torno a 6.000 entradas (contando os lemas principais e os secundarios), ordenadas alfabeticamente e seleccionadas nun principio por orde de frecuencia: inclúense os apelidos que teñen máis de 30 ocorrencias, amais daqueles que, aínda tendo men

Os datos para a elaboración do dicionario parten do censo proporcionado polo Instituto Nacional de Estadística (Madrid) correspondentes ao ano 2001. Escóllese a forma estandarizada entre as variantes existentes, a partir dos criterios publicados no Boletín da Real Academia Galega 370 (2009). Cada entrada contén o número de ocorrencias de cada forma, información etimolóxica, documentación histórica (a datación máis antiga que se coñece), e, nos casos que proceda, datos sobre a difusión xeográfica actual, a relación co topónimo correspondente e a representación cartográfica.
 
Como explicou na súa presentación Beis Silva, este dicionario ten unha clara vontade normalizadora, do que é testemuño a reconstrución de formas anómalas ou híbridas, que foron castelanizadas durante os Séculos Escuros.

Cultura