Eat More Cake completa o cartel do FIV

Eat More Cake completa o cartel do FIV

15 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Festival Independente de Vilalba completou un novo grupo que se sumará aos xa confirmados Love of Lesbian, Estereotypo e Zentricc. Os londinenses Eat More Cake traerán a súa música electrónica á carpa fucsia do FIV o vindeiro 21 de agosto como parte dun Festival que cumprirá no 2010 a súa III edición.

Esta banda formada en Harrow, no nordés da capital birtánica, combina elementos de dance, hip-hop e down, formando un son propio e particular. Eat More Cake están inmersos na promoción do seu próximo disco, “Climb the Ladder, Live the Dream”, do que veñen de sacar, o pasado 7 de decembro, o seu primeiro single, “Rede Sky”.

O grupo birtánico está formado por Andrew Briggs e Matt Pearn. Cunha biografía particular, xa que os dous se reunían para escribir musica dance instrumental no estudio de Matt, o paso do tempo viu como maduraba a súa música, que pasou de ser unha mestura de samplers coa voz de varios artistas invitados, a cancións mais complexas e de alta calidade.  O seu primeiro gran fito chegou en 2007, cando tras sacar o seu primeiro EP puideron firmar con Urbantorque Recordings. Esta discográfica sacará á venda “Climb the Ladder, Live the Dream” a mediados de ano.

Estilo “exhuberante”

Os seus directos son outros dos puntos fortes, xa que unen aos teclados de Matt Pearn,, e a labor como Dj de Owen Charles, a batería de Alex Lane e a voz e a guitarra de  Andrew Briggs. Esta combinación consegue, segundo un dos principais organizadores do FIV, o concelleiro de deportes e xuventude de Vilalba, Jesús Bermúdez, un estilo “conmovedor, desafiante e mordaz mesturado cunha orquestración exuberante que fai que o asentamento constante da cabeza sexa irresistible”.
Eat More Cake ven de actuar nos escenarios do Glade Festival; The Institute of Contempory Arts; Hartfield Forum; Camdem Barfly, ou no Hamswell Festival.

Éxito en Gran Bretaña

Esta formación acadou importante sona na Gran Bretaña, dado que a súa música foi incluída nas compilacións de Hed Kandi 'The Mix 2009'' no Reino Unido e `Served Chilled' nos Estados Unidos. O seu primeiro sinxelo 'Rede Sky' recibiu un grande apoio nas ondas radiofónicas por KISS 100 á vez que a versión etiqueta branca da súa canción 'Better Than Everything' soou con forza na BBC Radio 1.
O seu álbum foi gravado e producido nos Eastcoat Estudios, Londres por Richard Kayvan. O disco inclúe unha actuación da orquestra sinfónica de Bulgaria, dirixida por Youki Yamamoto, gravado e producido por Matt Howe.

Ademais do seu propio material, colaboraron con remesturas dos singles de grupos como Green is for Go, Relation e One EskimO.

Cultura