ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Como reaccionarán os animais á eclipse solar? Preguntámosllo á veterinaria etóloga Noemí Graña que esta semana estivo acompañada en Radio Animal polo seu fillo Mario que ten moi boa man cos cans.

“Pódense asustar porque é un fenómeno para o que non están preparados”, advirte Noemí Graña. Faise de noite e baixa a temperatura repentinamente e despois todo volve a normalidade. Para os animais a eclipse solar pode resultar un fenómeno tan impresionante como era para a humanidade antes de que coñeceramos as explicacións científicas. “Eu vereino desde o Lar do Belelle, a precaución é mirar de que non se asusten”, engadiu.
Facer a maleta
Esta semana tamén nos detallou Noemí os imprescindibles que debemos incluír na maleta se viaxamos de vacacións con cans ou gatos.
Un mestre
Mario é un auténtico experto no achegamento aos cans, sinalou Noemí, que ten no seu fillo un gran colaborador. El contounos como o fai. “Achégome a eles con bicicletas ou co patinete, mantendo unha distancia…doulles chuches, para que vaian perdendo o medo”, explicou Mario.
Publica o teu comentario agora