A EDAR de Ares probarase este mes.

A EDAR de Ares probarase este mes.

11 de Xuño, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A EDAR de punta avarenta en Ares, encargada de depurar os residuos do sur da ría de Ferrol porase en marcha tan pronto como  se solucione o contrato con Fenosa

Só queda contratar o servizo   do sistema eléctrico para que a través do mesmo se coordinen todolos bombeos ubicados nos concellos de Fene, Mugardos e Ares.
 Ata setembro non se porá a pleno rendemento pero neste mes de xuño agárdase poñela en marcha a modo de proba. Probablemente terá que retrasarse un pouco, segundo nos informou o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, non porque non estea todo listo, a propia Edar, os bombeos e os tanques, senón porque falta o contrato de Fenosa e do sistema que coordine todolos bombeos.

Sociedade