ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Edgar Vigo e Fátima Ameneiro competirán a próxima fin de semana na última proba do campionato de España de Rallys de Asfalto que se celebrará na Comunidade de Madrid. A proba celebrarase os días 22 e 23 deste mes e terá como aliciente a celebración dun dos tramos no circuíto do Xarama. A parella fenesa, competirá nesta proba aínda convalecente do accidente sofrido no pasado Rally de Llanes (Asturias) para tentar acabar a
Edgar Vigo: "Afrontamos esta proba con moita ilusión, xa que é a última da tempada e queremos tentar conseguir un bo posto. Vai ser un rally moi duro xa que probablemente neve e teremos que loitar con outros tres equipos polo quinto posto da Copa Suzuki. A pesar de que Fátima non está completamente recuperada do accidente de Llanes, quixo participar para pechar a tempada o mellor posible".
Fátima Ameneiro: "Aínda estou dolorida e convalecente do susto de Llanes. A pesar de que aínda teño dor quero competir e así loitar polo subcampionato de España de copiloto feminino xa que, de non facelo, perdería esa praza. Rebeca e mais eu estamos case empatadas e en Madrid decidirase todo. O mércores teño unha nova cita co traumatólogo que me dará as indicacións necesarias para poder correr."