ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A ópera galega “O arame” publícase en DVD, con subtítulos en tres linguas. Esta obra rompeu 80 anos de silencio do xénero na nosa comunidade. O texto é de Manuel Lourenzo e a música de Juan Durán.
Hai que ter en conta que a primeira ópera galega viu a luz en 1929. Tratábase de “O mariscal”, unha obra con música de Eduardo Rodríguez Losada e letra de Ramón Cabanillas que trataba sobre a vida de Pardo de Cela. Desde entón o baleiro máis absoluto ata que hai uns meses estrouse no Teatro Colón a segunda ópera galega da historia, “O arame”, con texto do dramaturgo, Manuel Lourenzo, e música de Juan Durán. Trátase dunha peza de cámara, de hora e cuarto de duración, con só dous protagonistas: a soprano Carmen Durán e o barítono Javier Franco. O argumento e a mensaxe do Arame explicouno para Radiofusión o seu autor, Juan Durán.