Eduardo Hermida: estaría disposto a traballar para Ikea.

Eduardo Hermida: estaría disposto a traballar para Ikea.

06 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O polifacético artista de Canido presenta na Galeria Sargadelos a sua última obra, un conxunto de "Caixas, bustos e outros popxectos" realizados no 2009 e embuídos de pop por todolos costados. A luz e a cor xunto ao deseño son as suas obsesións á hora de crear. 

“Caixas, bustos e outros popxectos” do polifacético artista de Canido, Eduardo Hermida, exhíbense na Galería Sargadelos de Ferrol durante todo o mes de febreiro. Un total de 30 pezas, caixas de luz, retratos, esculturas..., realizadas polo artista ao longo do ano 2009. Pezas enchoupadas de pop, unha deformación profesional, segundo confesa o propio autor ferrolán.
 
Para Hermida as suas últimas produccións son consecuencia dos seus estudos de escaparatismo e deseño de interiores. “Son obxectos moi decorativos, pensados para unha casa  non para un museo”. O artista confesa non avergoñarse por iso, non sentir complexo. Dixo máis: “ estaría disposto a traballar para IKEA”.

Na mostra que podemos visitar na Galería Sargadelos nótase a obsesión do artista de Canido pola música, o cine, as motos ou os sombreiros. Mentras descansa da arte plástica, Hermida continua promocionando o conto que editou con Iolanda Castaño e cos seus concertos musicais.

Sociedade