Educación ambiental en tódolos sectores

Educación ambiental en tódolos sectores
28 de Setembro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Oleiros adquiriu o Castelo de Santa Cruz na década dos oitenta e a día de hoxe acolle a sede do CEIDA, organismo de referencia no ámbito da formación, divulgación e educación ambiental do mundo. Carlos Vales dirixe o centro dende ano 2001, tal e como explica este mércores en Onda ODS.

ESCOITA O PODCAST:

Este Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia promove a educación ambiental en tódolos sectores sociais, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadáns neste eido. Carlos Vales é o director deste centro, froito dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros, dende o ano 2001. Ao longo de todos estes anos son moitos os proxectos que leva dirixido e sobre os que falamos hoxe en Onda ODS.

Na fotografía (Carlos Vales, director do CEIDA)

Sociedade

Publica o teu comentario agora